PÁGINA PRINCIPAL
LETRAS GALEGAS PARA INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA. PICTOS
RICARDO CARVALHO CALERO
O escritor Ricardo Carvalho Calero naceu
na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910.
Era o fillo maior de M.ª Dolores e Gabriel
Ricardo. Tivo cinco irmáns máis.
De pequeno estudou en Ferrol, nunha
escola da rúa Magdalena, a rentes da súa
casa, e nun colexio dirixido polo escritor Ma-
nuel Comellas. Ao acabar o bacharelato
marchou á universidade de Compostela.
Escribiu en moitas revistas galegas e
sempre defendendo o idioma e a cultura
galega: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Re-
sol, Universitarios...
Tamén é autor de moitos libros de poe-
mas, teatro, relatos... entre os que hai que
salientar A xente da Barreira e Scórpio.
As pitas baixo a choiva, dirixido aos máis
pequenos, cóntanos un feito que lle pasou a
Ricardo cando era neno.
Quería recoller as pitas que se estaban a mollar
no patio. Ao final do relato estaban todos mollados como pitos:
as pitas, el e toda a súa familia.
Foi profesor do instituto Rosalía de Cas-
tro de Santiago, e o primeiro catedrático de
Lingua Galega da universidade.
Tamén foi membro da Real Academia
Galega (RAG) e o seu discurso de ingreso foi
sobre a poetisa galega Rosalía de Castro.
Este ano a RAG dedícalle o Día das Le-
tras Galegas pola súa defensa do idioma
galego e da súa cultura.
PARA DESCARGAR ACTIVIDADES DE 4º INFANTIL, PREMER Aquí.
PARA descargar ACTIVIDADES DE 5º INFANTIL.
PARA practicar AS ACTIVIDADES DE 6º INFANTIL.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario